Primeiro produto con camelia: probas de nubes con camelia Dazzler

Comezamos as probas para sacar un dos primeiros produtos “souvenir” dentro do proxecto camelia: as nubes.

Para a súa elaboración estase utilizando a camelia Dazzler, unha camelia cunha fragancia moi característica que lle está transmitindo ese aroma ao sabor da nube.

As características desta camelia, proporionadas polo noso colaborador Estación Fitopatolóxica de Areeiro, son:

FLOR
Tamaño: medio, uns 8-10 cm de diámetro.
Cor: rosa forte, moi intenso, 60D do grupo
do vermello-púrpura.
Forma: semidobre.
Pétalos: máis de 15, elípticos, os máis externos escotados e o resto coa marxe irregular, alguns ondulados.
Petaloides: pode tener algún, entremezclado cos estambres.
Estambres: cos filamentos cor amarela, lixeiramente rosados na base e nas anteras amarelas.
FOLLAS
Tamaño: de 5.5 a 6 cm de longo por 2 a 2.5 cm de ancho.
Cor: verde moi escuro.
Forma: elíptica.
Marxe: aserrado.
Ápice: apuntado.
Época de floración Temprana, moi abundante; soe comezar a finais de setembro ou principios de outubro e
rematar a mediados de decembro. A plena floración ocorre entre outubro e novembro.

Outros datos: flor olorosa. pertence á especie hiemalis, que está considerada como unha forma
híbrida da especie sasanqua, e que foi introducida en Xapón desde Shanghai. Foi adquirida a
Nuccio’s Nursery (California, EEUU) en 1999.
Nº de registro en la colección de la Diputación: 222
Localización: Areeiro, zona VII.
Camellia x hiemalis ‘Dazzler’


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *