Os produtos da camelia no agasallo institucional de Turismo Rías Baixas en FITUR

Esta edición de Fitur 2018 será inesquecible para algún dos que formamos o equipo do proxecto camelia, xa que tivemos a fermosa honra de representar cos nosos produtos de camelia á provincia de Pontevedra en ese escaparate mundial do turismo que é Fitur. Moi orgullosos e agradecidos a Turismo Rías Baixas e Deputación Pontevedra por incluir as nosas pastas e nubes de #camelia das #RiasBaixas na caixa agasallo entregada en FITUR, representando as posibilidades da nosa flor, a flor que medra por toda a provincia e que grazas a este proxecto, amosamos que tamén se pode comer. Xa hai unha posibilidade de abrir portas para que os turistas que cada ano visitan a provincia de Pontevedra admirando a beleza e os segredos da camelia, ademáis poidan levar un anaquiño delas para compartir cando volten ao seus lugares de orixe.
Estas pastas e nubes forman parte do proxecto de innovación educativa “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa” presentadas no precioso packaging deseñado e elaborado polo alumnado do IES Montecelo, e fan un perfecto tándem co produto que abrazan. Un packaging colorido e cheo de vida, elegante e atrevido, que pon o traxe máis bonito á nosas pastas e ás nosas nubes.
Mil grazas a Carmela Silva , presidenta da Deputación de Pontevedra, por confiar no resultado dos nosos proxectos, e polas suas agarimosas palabras para o noso centro.

Unha experiencia extraordinaria que agardamos poder repetir no futuro cun novo proxecto.

#FITUR2018 #aprenderfacendo

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *