A nosa camelia comeza a súa andadura en Salimat

O xoves, 8 de xuño, correspondeulle ao noso centro inaugurar as diferentes actividades que se desenvolverán no stand da Consellería de educación. Xunta de Galicia durante os catro días que estará aberto ao público Salimat na Feira Internacional de Galicia
Parte do equipo do proxecto de innovación da cameia acudiu a realizar varias masterclass para o público asistente realizadas todas elas co ingrediente da camelia.
Trátase de por en valor as posibilidades culinarias desta flor, polo que se deseñou un menú maridado de tres pratos con tres bebidas que consistiu no seguinte:
1. Crudités ao pilpil de camelia xapónica e a súa vinagreta con limonada de camelia
2. Sardiña afumada en té con allada de aceite de camelia, con vermú de camelia
3. Sopa de té verde con torrija, con “Camelio cóctel”

Tamén acudimos cunha representación do alumnado do #CSGUIAS que foi amosando aos visitantes da feira outras características desta flor: a ruta polos pazos de camelias de Galicia, os seus derivados cosméticos, as súas peculiaridades…

Damos as grazas a todo o alumnado do noso centro pola súa actitude e profesionalidade amosada durante a intensa xornada, e por querer como sempre…aprender facendo!
Noraboa ao profesorado polo seu traballo para preparar esta xornada. Parabens!
#EquipOroza

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *